Construción colaborativa de experiencias creativas
O Laboratorio de Innovación Cultural de E-Cultura aborda a aprendizaxe activa da metodoloxía de traballo desenvolvida pola empresa estremeña a partir da experiencia acumulada durante máis dunha década no campo da xestión cultural. Este obradoiro é unha experiencia especialmente interesante para todas aquelas persoas que traballan en
Cidades e cidadáns do futuro
Enténdese por Urban Social Design o deseño de ferramentas e a xeración de dinámicas para a mellora social da contorna urbana. Este concepto é o que levarán á práctica os participantes no laboratorio de dpr-Barcelona, Ecosistema Urbano e radarq.net, tres colectivos de arquitectos comprometidos coa sustentabilidade, o medioambiente e o bo uso das novas tecnoloxías,
Taller práctico de métodos de traballo co antes chamado público
A empresa A Mandarina de Newton presenta un taller de exploración de materiais e técnicas de prototipado rápido para crear proxectos culturais co propio público, é dicir, crear conxuntamente e in situ a partir de prototipos. Neste taller conflúe a experiencia de proxectos anteriores como Expolab, Tech Museum of Innovation e Citilab. O obxectivo do taller é iniciar procesos de deseño e de cambio na forma de divulgación científica, unha nova vía de reflexión e de exposición de ciencia e tecnoloxía.
Platoniq, a vangarda da cultura copyleft
O Banco Común de Coñecementos é unha plataforma de intercambio de coñecemento e educación mutua que se reproduciu en Barcelona, Girona, Sevilla, Lisboa, Cambridge, Berlín e Casablanca. Seus creadores, a organización internacional de productores Platoniq, son pioneiros na produción e distribución da cultura copyleft,
Todos achegamos, todos gañamos
Ás veces os proxectos non acaban de arrincar porque as persoas necesarias para botalos a andar pertencen a planetas distintos. Conexións Improbables busca precisamente impulsar eses proxectos aos que lle falta algún elemento pouco probable de conseguir, pero non imposible. A base do proxecto é buscar o
Arte e tecnoloxía en defensa do medio ambiente
Xeografías do Mar é un proxecto de arte e tecnoloxía que explora cuestións como a visualización de datos e a experimentación do mar a través dunha instalación interactiva na que a base da navegación é un mapa artístico proxectado no chan. Un mapa no que os vídeos, os gráficos, os números, as palabras, os
Traballando para enriquecer o dominio público
Empresas do procomún é unha investigación colectiva que busca dimensionar e analizar o impacto cultural, social e político das empresas e iniciativas culturais e sociais inspiradas no movemento copyleft. Iniciativas que non teñen como fin último o lucro, o crecemento ou a cooptación de saberes, senón que abren os seus procesos de produción de coñecemento
Centro Portátil de Arte Contemporáneo
O Centro Portátil de Arte Contemporánea é un dispositivo transportable e de baixo custo para a exhibición de arte que ten a dobre función de, por unha banda, mostrar obras de arte e servir de infraestrutura de apoio para actividades culturais como performances, conferencias ou concertos e, pola outra, xerar espazo público.
Difusión da cultura dixital
Medialab Prado é un espazo orientado á produción, investigación e difusión da cultura dixital e do ámbito de confluencia entre arte, ciencia, tecnoloxía e sociedade. Un espazo no que se celebran talleres de produción e de formación, seminarios e debates, reunións de diferentes grupos de traballo, mostras de proxectos e concertos.
Think global, act local
Pecha Kucha é un formato de presentación multidisciplinar xurdido en Tokio no ano 2003. Distínguese pola estrutura 20 x 20, na que cada relator unicamente dispón de 20 imaxes e 20 segundos para comentar cada unha delas, o que se traduce nun total de 6 minutos e 40 segundos de creatividade comprimida.
Déixate guiar polo son
No Tours é unha experiencia sonora aumentada que ofrece aos visitantes e habitantes das cidades a posibilidade de redescubrirlas a través de docudramas, micro-relatos, audio-ficción e xeolocalización sonora. Xogando coa realidade e coa ficción, No Tours desmonta o discurso tradicional, dándolle un novo sentido a lugares comúns cos sons e coas narracións das audioguías.
Creatividade colaborativa en defensa do idioma
Como facer que as novas xeracións e as persoas creativas de Galicia usen o seu talento para defender a súa cultura e a súa lingua? Na Navalla Suíza cren que a resposta está no crowdsourcing. Este termo inglés, que reúne as palabras crowd (multitude) e sourcing (alimentación), describe o proceso de construción colectiva que está na base de todos os grandes cambios que se produciron na Internet nos últimos anos.
Vídeos que buscan cancións, píxeles que buscan imaxes
Iconoscopio pretende darlle un xiro á industria creativa do videoclip e facelo accesible a todos os músicos. Os interesados en conseguir un videoclip para unha canción poden enviala ao seu videoblog e a partir de aí porase en marcha un proceso creativo no que,
Unha comunidade social artística
RedeNasa.tv é a comunidade social artística ideada polo grupo teatral galego Chévere para romper a barreira entre produtores e espectadores, a través dunha interacción física, electrónica e audiovisual. Trátase dunha rede social interactiva que funciona como exhibidor de proxectos teatrais a través de internet e como laboratorio de creación on line de contidos artísticos multidisciplinares.
BuBble, a túa casa nunha maleta
O proxecto BuBble, creado polo estudo de arquitectura Mmasa, dá resposta a situacións temporais de habitabilidade a través dun innovador mecanismo de vivenda autónoma, nómade e flexible. Trátase dun habitáculo de de 2 x 2 x 2 metros cunha estrutura de aluminio despregable e unha envolvente de plástico dobre que conforma burbullas que se poden encher de múltiples materiais
Desfacendo a madeixa
Entre a razón e a pel é unha instalación efémera, que só pode ser conservada en fotos ou na memoria, sobre a fraxilidade humana e as barreiras creadas para protexernos do outro ou de nós mesmos. A súa creadora, a artista Nuria Ruibal, pretende que os espectadores da súa obra experimenten a sensación de ir rompendo esas barreiras, para descubrir aos poucos o autoretrato da propia autora. A comisaria da obra é Ana Amado.
Busca de novos espazos
Carmen Mazaira considera que o corpo humano é a nosa primeira obra arquitectónica. De feito, a fórmula que mellor explica o seu concepto de innovación e creación artística é: corpo + contorna = arquitectura + xeometría. Seguindo este precepto, a arquitecta galega orquestra un proxecto, realizado xunto co arquitecto Carlos Garijo, na que traballan xente de disciplinas diversas, desde as cales se pretende chegar a unha nova realidade sensorial e perceptiva
Unha instalación interactiva
Metamembrana é unha instalación audiovisual interactiva composta por unha gran proxección panorámica que contén oito relatos interactivos controlados por catro interfaces. Formalmente a instalación é unha proxección formato 16:3 que mostra unha única imaxe de 12 metros aproximadamente.












