• Vítor Belho, presidente de Atlantic Comnection, promotora do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea, cerrou esta mañá no auditorio do CGAC o Macc 2010 salientando a necesidade que teñen as industrias creativas de “provocar para transformar”. A segunda edición do Mercado das Ideas, na que participaron máis de 450 persoas de distintas procedencias profesionais e xeográficas, refrendou na súa última xornada a vixencia do Maccnifesto formulado en 2009 en Tenerife.

    A segunda xornada da segunda edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea explorou as posibilidades que ofrece Internet aos creadores para difundir os seus proxectos a baixo custo, ter o control sobre eles e chegar a públicos máis específicos. Neste sentido, os integrantes de A Navalla Suíza explicaron como a través da súa páxina Galegolab pretender aglutinar esforzos para defender a lingua galega. A creatividade, a posta en común das ideas e achéguelos dos usuarios son as bases de Galegolab. A Navalla Suíza aposta pola creación colectiva. Tras este taller chegoulle a quenda a outra aposta galega, Redenasa.tv, un proxecto da produtora Chévere que busca romper a barreira entre produtores e espectadores, facendo a súa aposta audiovisual o máis interactiva posible.

    O transgresor Toni Puig iniciou a segunda xornada de Macc 2010 no Auditorio do CGAC con frases tan demoledoras como “necesitamos unha clase creativa, non artistas, que xa deberían xacer xunto ao Apóstolo” ou “todos os que choran dentro do sector creativo merecen unha morte digna”. O fundador de revístaa Ajo Blanco e asesor do Concello de Barcelona foi o encargado de abrir boca e introducir cunha provocadora intervención o talk show sobre Desenvolvemento dos Territorios ao que asistiron José María Lama, de E-Cultura, Ramón Sangüesa de Citilab, Demenico dei Siena de Ecosistema Urbano, Ugia Pedreira de aCentral Folque, Rebecca Wurzburger da Rede de Cidades Creativas e Luís Costa de Binaural.

  • A segunda edición do Mercado Atlántico da Creación Contemporánea adicada ás Industrias Creativas, Procesos Creativos chega mañá venres a Compostela cunha ampla programación, que se extenderá ata o domingo a mediodía. Preto de 150 propostas repartidas en 70 actividades conformarán tres intensos días nos que proxectos de referencia no sector creativo internacional compartirán espazo coas propostas máis arriscadas e descoñecidas. Será, segundo advirten os seus organizadores, “a maior concentración de talento nunca vista co obxectivo de comezar a construir un novo modelo, baseado na importancia das redes, da hibridación e do desenvolvemento social”.

    O Macc 2010 ofrecerá 25 cápsulas de exhibición de traballos innovadores na sección máis aberta ao público xeral, os MaccShows. As noites do vernes e do sábado, entre as 23h e as 00.30h, o xardín da ZonaC acollerá catro MaccShow abertos ao público: primeiro, ambos os dous días, o colectivo La Mirada del Otro ofrecerán unha sesión de PhotoJockeying e, despois, o venres Danger Hill amosará os seus collage en directo de vídeos atopados no youtube baixo o título O.A.U! Mashupmbrat e o sábado, Miguel Harguindey demostrará que do caos á creación só hai un paso, que é o azar, co seu proxecto Political Personal Disaster. Se chove, estas actividades celebraranse no Mercado de Abastos de Compostela.

    A segunda edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea acollerá dúas sesións PechaKucha, nas que se presentarán 17 das propostas máis frescas e arriscadas do sector creativo español. As citas será o venres 10 e o sábado 11, a partir das 18.30h no Auditorio do Museo do Pobo Galego e os encargados de coordinalas serán Santiago González e Edgar González, responsables de PechaKucha Ferrol e PechaKucha Madrid, respectivamente.

  • O artista afincado en Compostela Pancho Lapeña creou hoxe no Mercado de Amio un graffiti de enormes dimensións sobre 400 bolsas de tea que esta fin de semana se repartirán entre as persoas que asistan ao Macc 2010. Así, cada asistente levará para a casa unha peza artística orixinal deste artista galego. Lapeña comezou a súa formación en Artes e Oficios, que máis adiante complementaría con cursos de serigrafía no estranxeiro. Dentro do seu eclepticismo e experimentación artística traballou no mercado textil en Italia e realizou un corto de animación audiovisual titulado "O raio transparente". Nestes momentos traballa como escenógrafo no Centro Dramático Galego.

    A segunda edición do Mercado das Ideas acollerá preto de 20 laboratorios e obradoiros para grupos reducidos, de entre 10 e 50 persoas, nos que as persoas inscritas a Macc 2010 explorarán novas formas de produción cultural a través do traballo en directo con colectivos de referencia internacional como El Ojo Atómico, E-Cultura, Ecoarte ou a proposta conxunta de dpr-Barcelona, Ecosistema Urbano e radarq.

    O Mercado Atlántico de Creación Contemporánea fixo público esta mañá o seu programa definitivo, que contempla máis de 65 actividades que lles permitirán ás persoas asistentes tomarlle o pulso ao sector creativo actual.